XXXIII Premio de xornalismo 'Xosé Aurelio Carracedo'
Do ao
A Deputación de Ourense convoca o XXXIII premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", en cuxo xurado participa o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Este ano, o galardón, ademais de recoñecer a traxectoria profesional dun xornalista, contará tamén cunha bolsa para o ourensán ou a ourensá con mellor expediente académico que curse o primeiro ano do grao en Xornalismo.
O premio á traxectoria profesional terá unha dotación será de 4.500 euros, e no veredicto serán tidos en conta especialmente os vencellos persoais ou profesionais con Galicia, en particular coa provincia de Ourense. Poderán optar ao galardón as e os profesionais ou colaboradores habituais dos medios. As persoas que integren o xurado poderán presentar ata tres candidaturas por cada un dos membros para esta categoría, mentres que asociacións ou colectivos de calquera ámbito poderán presentar unha candidatura por entidade.
Por outra banda, a Deputación estabelece unha novidade nesta convocatoria ao promover a Bolsa Xosé Aurelio Carracedo, que terá unha dotación de 3.000 euros. Con ela, premiarase o mellor expediente económico daquela alumna ou alumno ourensán que cursara o primeiro ano do grao en Xornalismo dentro do sistema público universitario español, correspondente ao ano académico 2022-2023.
O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o próximo 4 de outubro. A presentación de candidaturas pode facerse de maneira presencial, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es.
Máis información na convocatoria do galardón.