XXXVIII Premio Manos Unidas de prensa

Do ao

Información de contacto:

Manos Unidas
C/ Barquillo, 38, 3º.
28004 Madrid
premiosmanosunidas@manosunidas.org

Manos Unidas convoca a 38 edición do seu premio de prensa impresa e dixital, co obxecto de estimular aos profesionais da prensa no seu traballo de sensibilizar á opinión pública sobre a realidade dos países máis desfavorecidos e sobre os desequilibrios Norte-Sur.

Poden concorrer os traballos deberán publicados entre o 1 de maio de 2017 e o 30 de abril de 2018, baseados no lema "Comparte o que importa" ou aqueles que traten sobre o traballo de loita contra o fame e a pobreza que leva a cabo Manos Unidas. Estabelécese un premio de 3.000 euros, que poderá repartirse entre varios gañadores.

Para poder concursar será necesario enviar por correo postal, cun exemplar do xornal ou revista onde se publicou o artigo e, en sobre separadamente, o nome, a dirección e o teléfono do autor á seguinte dirección: Premio de Prensa (Manos Unidas. C/ Barquillo, 38, 3º. 28004 Madrid). Os traballos tamén poderán enviarse directamente por correo electrónico, en formato pdf, á seguinte dirección: premiosmanosunidas@manosunidas.org. Neste caso, será necesario que conste no asunto: Premio Manos Unidas de Prensa. Ademais, deberán ir acompañados por outro documento en pdf no que figuren os datos do autor: nome e apelidos, DNI, dirección, teléfono de contacto e correo electrónico. A data límite de recepción dos traballos é o 4 de maio. Os traballos que non estean escritos en castelán deberán ir acompañados da súa correspondente tradución.

Máis información nas bases do premio.