O Colexio de Xornalistas organiza unha nova xornada gratuíta de formación en alfabetización mediática
O sábado 31 de xaneiro terá lugar en Santiago de Compostela unha xornada de formación, gratuíta e aberta a todas as persoas colexiadas, para integrar o equipo do Colexio de Xornalistas para impartir obradoiros de alfabetización mediática. A formación, centrada en ferramentas para combater a desinformación nas aulas, está pensada tanto para persoas que queiran pasar a formar parte da bolsa de traballo de formadoras e formadores como para aquelas que xa recibiron a formación inicial e queiran afondar na materia.