O CPXG organiza o xoves 20 en Santiago a xornada 'A comunicación corporativa: Comunicar con estratexia'
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza na mañá do xoves 20 de novembro no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, a xornada A comunicación corporativa: Comunicar con estratexia. A xornada, que completa os seminarios sobre comunicación nas empresas das vindeiras semanas, realízase coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da Facultade, e contará con representantes de axencias e de gabinetes de comunicación das empresas.