
Ames, Padrón, Sanxenxo e Betanzos acollen a semana que vén os obradoiros de Xornalismo na Escola "la Caixa"
A vindeira semana, 'Xornalismo na Escola "la Caixa"', a iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’, impartirá nove obradoiros distintos en centros de ensino de Ames (mércores 20), Padrón (mércores 20), Sanxenxo (xoves 21) e Betanzos (venres 22).