Fallo da Cámara Federal arxentina a favor da liberdade de expresión
A Cámara Federal arxentina considerou ilexítima e inconstitucional a utilización de e-mails obtidos en forma ilegal do correo electrónico do xornalista de Clarín Daniel Santoro como proba en contra da suposta actuación irregular do xuíz Daniel Rafecas, nunha causa na que se investiga a dous serbios por narcotráfico.