O Tribunal Supremo de Venezuela obedece a Chávez e suspende Radio Caracas Televisión
O Tribunal Supremo determinou que a canle Radio Caracas Televisión (RCTV), ó que o goberno de Venezuela acusa de ser portavoz da oposición, debe deixar de operar o 28 de maio aínda que a Corte non entrase aínda no fondo da medida oficial de non renovarlle a concesión para transmitir.