Un foro europeo felicita a Galicia pola lei de igualdade feminina
O Foro Europeo dos Gobernos Rexionais sobre Igualdade, celebrado a semana pasada en Austria, transmitiu a súa felicitación a Galicia pola súa política en favor dos dereitos das mulleres. A delegada da Consellería de Traballo na Coruña, María Debén, explicou aos participantes no evento o contido da Lei de Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia. Segundo Debén, as iniciativas do Goberno galego «espertaron o interese» dos asistentes, que manifestaron o seu «asombro ante os 225 millóns de euros que a Consellería investirá ata o 2009» para pór en marcha medidas que promovan a igualdade laboral e pola utilización de «un instrumento tan poderoso como unha lei».