A V Convención de Xornalistas debaterá en Lugo a condición do xornalista profesional
A V Convención de Xornalistas de España celebrarase os días 4, 5 e 6 de maio de 2007 en Lugo. Convocada polo Foro de Organizacións de Xornalistas, a xuntanza reunirá a máis de 250 profesionais da información de toda España. Nesta ocasión, baixo o lema "Vellos e novos medios: a mediación necesaria do xornalista", a cuestión a debate será a da esixencia de profesionalidade no exercicio do xornalismo.