A Xunta implantará o uso da sinatura electrónica a partir de maio
O Consello de Goberno acordou este xoves, na súa xuntanza semanal, a sinatura dun convenio de colaboración coa Fábrica de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a prestación de servizos de certificación da sinatura electrónica aos cidadáns, na súa relación coa Administración. Ademais, segundo o acordo, poderanse incorporar a este convenio as deputacións provinciais.