'Los Angeles Times' despedirá 150 empregados para facer fronte ás perdas
'Los Angeles Times' vai recortar o seu cadro de persoal nun 5%, o que supón o despedimento de 150 traballadores. O diario norteamericano está controlado por Tribune Co., que afronta un mal exercicio no sector da prensa debido á continua baixada da publicidade.