RSF pídelle ó exército norteamericano que poña fin á detención arbitraria do fotógrafo Bilal Hussein
Nun correo, dirixido o 12 de abril de 2007 ó secretario de estado de Defensa norteamericano, Robert Gates, Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) denunciou o feito de que desde hai un ano se manteña detido en Camp Cooper (preto de Bagdad) ó fotógrafo Bilal Hussein, da axencia de prensa norteamericana Associated Press (AP).