O goberno español comprométese a abordar un estatuto público para a Axencia EFE
O goberno español abordará a elaboración dun Estatuto para a Axencia EFE mediante un anteproxecto de lei do servizo público de noticias de titularidade do Estado, segundo unha carta enviada polo secretario de estado de Comunicación, Fernando Moraleda, ó Comité Intercentros da Axencia.