Nace en Galicia a revista cultural e de lecer ‘Paraíso’
A revista Paraíso, editada polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), contén a oferta de espectáculos de teatro, música, danza, maxia e marionetas, que forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, ademais de incluír reportaxes, entrevistas e análise sobre os profesionais e os temas de actualidade da escena en Galicia.