Estados Unidos crea unha televisión pública para a audiencia hispana xoves, 8 de febreiro de 2007 Os 30 millóns de hispanos que viven en Estados Unidos pronto terán unha canle máis no seu mando a distancia que aspira a sacalos do telelixo.
Simancas promete ós traballadores de Telemadrid que readmitirá ós "represaliados" xoves, 8 de febreiro de 2007 O secretario xeral dos socialistas madrileños, Rafael Simancas, comprometeuse cos traballadores de Telemadrid a que se é electo presidente da Comunidade anulará todas as sancións e despedimentos de traballadores "represaliados" pola actual dirección do ente público.
Un xuíz verifica as chamadas a xornalistas para localizar a súa fonte de información na fiscalía xoves, 8 de febreiro de 2007 O 'Diari d'Andorra' informa de que a xuíza de instrución Maria Àngels Moreno Aguirre controlaría as chamadas de polo menos o redactor xefe do periódico, Toni Solanelles, e do subdirector, Ricard Poy, para localizar posibles fontes de información dos xornalistas na Fiscalía.
RSF maniféstase en favor da liberación do camarógrafo Sami Al-Haj, detido en Guantánamo xoves, 8 de febreiro de 2007 Militantes de Reporteiros Sen Fronteiras (RSF), representantes de Al Jazeera e membros do Comité Arabe de Dereitos Humanos e doutras organizacións, concentráronse este 8 de febreiro de 2007 diante da sede parisiense da televisión qatarí.
En marcha o ciclo de conferencias 'Xornalismo Século XXI', organizado polo CPXG e Caixanova mércores, 7 de febreiro de 2007 O programa do ciclo de conferencias 'Xornalismo Século XXI', que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Caixanova, continúa en marzo. Ademais da Coruña, vai haber charlas en Ourense e en Pontevedra.
RTVE acorda, para lograr unha xestión áxil e eficaz, simplificar o seu organigrama mércores, 7 de febreiro de 2007 O consello de administración da Corporación RTVE acordou a aprobación do seu novo organigrama básico, a proposta do seu presidente, Luis Fernández, que persegue lograr unha maior "eficacia e axilidade" da xestión da Corporación, segundo informou onte o grupo público de medios.
Le Monde e o grupo empresarial Bolloré lanzan o periódico gratuíto Matin Plus mércores, 7 de febreiro de 2007 O grupo empresarial Bolloré e o do diario Le Monde lanzaron onte un periódico gratuíto, Matin Plus, o terceiro matutino na rexión metropolitana de París.
Comeza o xuízo en Francia sobre as viñetas de Mahoma nun semanario satírico mércores, 7 de febreiro de 2007 O Tribunal Correccional de París comezou, en medio dunha gran expectación, o xuízo pola publicación de varias caricaturas do profeta Mahoma polo semanario satírico francés 'Charlie Hebdo'.
Un tribunal alemán prohíbelle á policía fedellar en computador alleo mércores, 7 de febreiro de 2007 Aproveitando a actualidade da loita antiterrorista, a semellanza de iniciativas paralelas en Estados Unidos e no Reino Unido, o executivo alemán tamén preparaba plans para darlle maiores poderes ás autoridades policiais para a ciber-investigación.
O CPXG organiza, xunto coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, un certame de Xornalismo Literario mércores, 7 de febreiro de 2007 Todos os colexiados poderán propoñer a candidatura dun profesional da comunicación que destacase polo seu traballo ao longo do pasado ano 2006.