Limpezas Salgado, Entrelampo e E.nova Enerxía, gañadores do Premio Manuel Beiras 2023
Os Premios Manuel Beiras de recoñecemento ao uso do galego no ámbito empresarial, en cuxo xurado participa o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, entregáronse este luns 18 de decembro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Limpezas Salgado, Entrelampo e E.nova Enerxía, foron os galardoados nesta XXIV edición nas categorías de uso continuado do galego, nova incorporación e comunicación innovadora, respectivamente.