
O Colexio de Xornalistas asina un convenio coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Francisco X. González Sarria, e o presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), Julio Sánchez Agrelo, asinaron este mércores 14 de novembro un convenio marco de colaboración para instrumentar e regular a súa colaboración de cara ao interese común de ambas as dúas entidades.