A AEPD presenta un decálogo de boas prácticas en privacidade para medios de comunicación
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) deu a coñecer o seu Pacto Dixital para a Protección das Persoas, que inclúe un decálogo de boas prácticas en privacidade para medios de comunicación para defender a privacidade e as vítimas da violencia dixital. Ao documento adheríronse varias entidades do mundo do xornalismo.
A Axencia Española de Protección de Datos presentou onte, no marco do I Foro de Privacidade, Innovación y Sustentabilidade, o seu Pacto Dixital para a Protección das Persoas, un proxecto que promove un grande acordo pola convivencia cidadá no ámbito dixital, estabelecendo a privacidade como un activo para organizacións públicas e privadas, impulsando a transparencia para que a cidadanía coñeza que datos se están a recabar e para que se usan e fomentando que as tecnoloxías eviten perpetuar nesgos ou aumentar as desigualdades.
O documento do pacto inclúe un "Decálogo de boas prácticas en privacidade para medios de comunicación e organizacións con canles de difusión propias", con recomendacións para o respecto da privacidade no ámbito do xornalismo. Entre os puntos do decálogo encóntrase non identificar de forma algunha as vítimas de agresións, feitos violentos ou de contido sexual; non publicar información da que poida inferirse a súa identidade cando se trate de persoas sen relevancia pública; non desculpar nin xustificar o agresor que difundiu contidos sensíbeis de terceiros sen consentimento ou non publicar o difundir imaxes ou contidos de vítimas de violencia dixital que se obtiveran directamente das redes sociais. Chámase tamén aos medios a destacar as sancións impostas a quen gravou ou difundiu as imaxe, advertir da responsabilidade deste tipo de conductas e destacar que as persoas afectadas pola difusión destes contidos pueden denuncialo a través da Canle Prioritaria para solicitar a retirada dos contidos.
Ao Pacto Dixital para a Protección das Persoas adheríronse numerosas entidades que se comprometen a implantar os principios e recomendacións recollidos no mesmo, así como a difundir entre o seu persoal e usuarios a Canle prioritaria para solicitar a eliminación urxente de contidos sexuais e violentos na internet. Entre as entidades do mundo da comunicación sumadas ao pacto encóntranse a Asociación de Medios de Información, Atresmedia, a Corporación RTVE, Mediaset España e Servimedia.
CPXG