A Agrupación de Xornalistas de UXT pide a supresión dos anuncios de prostitución na prensa

A Agrupación de Xornalistas da Federación de Servizos de UXT (FES-UXT) fai un chamamento ás empresas xornalísticas que aínda manteñen "anuncios de contactos" a que os supriman e contribúan así a erradicar a prostitución.
Na súa opinión, a explotación sexual vulnera os dereitos humanos e fomenta a trata de mulleres e menores.

Non é de recibo que algún dos grandes periódicos deste país defenda os dereitos humanos, loiten contra a trata das persoas e o proxenetismo nas súas páxinas de sociedade ou política e manteñan os anuncios de prostitución. Temos que acabar coa anomalía española, pois o noso país é o único na Unión Europea onde existen este tipo de anuncios.

Entendemos que non vale todo a hora do financiamento das empresas xornalísticas, de feito xa hai un número significativo de xornais que non emiten este tipo de anuncios e aguantaron e están aguantando a crise que afecta ao conxunto da sociedade española.

Cremos que é falso o debate da prostitución libremente exercida, posto que o 95% das mulleres que exercen a prostitución en España fano obrigadas polas mafias ou os proxenetas e, só, o 5 % manifesta a súa liberdade á hora de prostituírse. Tanto se se fai forzada ou libremente son persoas e non mercancías que se teñan que anunciar.

FES-UGT