A Asemblea Xeral do CPXG aproba os novos Estatutos

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) conta cuns novos estatutos que foron aprobados na última Asemblea Xeral. Estes tiveron que ser modificados e adaptados para seren compatíbeis coa nova lei de colexios profesionais. A proposta foi aprobada o 16 de decembro, na Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrou na Coruña.