A Asociación de la Prensa de Cantabria aproba a creación dun colexio de xornalistas

Votación na asemblea extraordinaria (Foto: APC)

A Asociación de la Prensa de Cantabria aprobou esta fin de semana, en asemblea extraordinaria, iniciar os trámites para a creación dun colexio profesional de xornalistas nesa comunidade.

A Asemblea Extraordinaria da Asociación de la Prensa de Cantabria celebrada esta fin de semana aprobou iniciar os trámites para crear un colexio profesional de xornalistas na comunidade cántabra. A proposta presentada pola Xunta Directiva contou con 148 votos a favor, frente a catro en contra, dous nulos e tres en branco.

A decisión supón o inicio dun longo proceso xurídico e administrativo que terá que concluír coa creación efectiva do colexio. Desde a Xunta Directiva da Asociación de la Prensa de Cantabria se comezarán a a dar os pasos estabelecidos pola lexislación para facer efectivo o mandato de creación do novo órgano colexial.

Actualmente, ademais do de Galicia, están constituidos os colexios profesionais de xornalistas en CataluñaMurciaAndalucíaCastela e León, o País VascoA RioxaAsturias e Navarra. Ademais, recentemente o Colegio Profesional de Periodistas de Aragón presentou o seu anteproxecto de Lei.

CPXG