A CE propón reservar máis banda para os móbiles, o que obrigaría de novo á resintonización da TDT

Televisión e mando a distancia (Foto: Robert S. Donovan)

A Comisión Europea anunciou a súa proposta de coordenacion do espectro radioeléctrico a nivel europeo, que contempla destinar as frecuencias por riba dos 694 MHz a dispositivos móbiles antes de 2020, o que afectaría de novo ás canles da TDT. A Unión Europea de Radiodifusión xa expresou a súa preocupación polo plan, que considera "unha pesada carga" para os operadores. 

A Comisión Europea (CE) anunciou este martes a súa proposta para coordenar o espectro radioeléctrico a nivel europeo. Nela, prevese disponibilizar as frecuencias de banda dos 694 aos 790 MHz para dispositivos móbiles, por considerala "ideal para o fornecimento de Internet de elevada qualidade para os usuarios". As frequencias por baixo dos 700 MHz (470‑694 MHz) continuarías disponíbeis, de maneira prioritaria, para servizos audiovisuais. A Comisión propón que o novo espectro sexa operativos para a banda larga sen fios o 30 de xuño de 2020, mais tardar, polo que os estados membros terían que adoptar plans para deixar libres estas frecuencias antes do 30 de xuño de 2017. 

A Unión Europea de Radiodifusión (UER) expresou nun comunicado a súa preocupación polo plan da Comisión Europea de reservar un maior espectro da banda superior aos 700 Megahertzios (UHF) para os servizos móbiles antes do 2020. A organización, que agrupa a boa parte das radiofisuras de servizo público europeas, considera este plan da CE "unha pesada carga" para os operadores que están investindo e innovando na Televisión Dixital Terrestre (TDT).  Nicola Frank, Xefe de Asuntos Europeos da UER considerou que mover estas frecuencias antes do 2020 é “un desafío importante para os Estados miembros onde a a TDT é a principal plataforma para recibir a televisión”, e vaticinou que "os operadores van ter que realizar cambios costosos nas súas infraestruturas". Neste sentido reclamou que "os estados membros deberan prever unha compensación para os consumidores e as empresas de radiodifusión para cubrir o investimento necesario para aplicar o cambio".

A liberación de espectro radioelétrico para os dispositivos móbiles xa provocou en 2014 a resintonización de milleiros de fogares para que as canles de televisión deixaran libres ás frecuencias destinadas a banda larga sen fíos. Algunhas voces xa viñan anunciando a nova resintonización de frecuencias que agora propón a CE, mesmo antes de que se culminara en España a liberalización do dividendo dixital.

CPXG