A CNMC pide revisar o sistema de financiamento da CRTVE

A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia vén de publicar un informe sobre o cumprimento das obrigas de servizo público da CRTVE. Entre outras recomendacións, pide revisar o sistema de financiamento da televisión pública, o que algúns entenden como unha porta aberta á volta da publicidade.

A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) vén de publicar o primeiro informe sobre o cumprimento das obrigas de servizo público da Corporación de Radiotelevisión Española (CRTVE) e o seu financiamento. O relatorio xustifícase, segundo Competencia, no feito de que "o control e o seguemento da misión de servizo público por parte dunha autoridade audiovisual independiente é un requisito esencial para garantir o efectivo cumprimento da devandita misión". Debido á inexistencia a nivel estatal de tal autoridade, a CNMC decidiu "pór fin a esta falta de control".

O informe é especialmente relevante porque conclúe que "o cambio realizado no réxime de financiamento da CRTVE os últimos años supuxo na práctica unha maior incertidume orzamentaria" e recomenda "revisar o sistema de financiamento", algo que algúns medios consideraron que abre a porta a que RTVE volva ter publicidade.

Desde o 2010, TVE non conta con publicidade na súa programación e finánciase cun novo modelo baseado nunha achega maior do Estado e taxas impostas aos operadores tradicionais de telecomunicacións e TV. Porén, como recolle o informe, se o modelo anterior alicerzado na subvención e a publicidade non deu os resultados esperados, tampouco o novo, e RTVE leva anos con resultados negativos.  Ao longo destes anos realizaronse reiterados chamamentos dos anunciantes para que a publicidade regrese á RTVE, aos que este relatorio vén de dar azos. Contodo, nese tempo o Goberno e os principais partidos rexeitaron a volta dos anuncios á canle pública.

O informe da CNMC salienta tamén que a CRTVE non ten algún de los instrumentos de control que prevé a normativa, como os contratos-programa, e realiza unha serie de recomendacións  como garantizar o equilibrio das distintas forzas políticas no informativos, manter os obxectivos de producción interna ou facer un esforzo por alcanzar a maior parte da cidadanía en termos de rendibilidade social e de audiencia. 

CPXG