A DGT ofrece boletíns de tráfico a través de Internet

A partir de agora poderemos atopar na web da DGT, un novo servizo de información no que escoitaremos a gravación da situación da circulación nas estradas e as incidencias que poidan afectarlle.
O servizo comeza ás 6:30 horas e ten unha periodicidade de media hora. Francisco Altozano, responsable desta nova iniciativa, asegura que é unha boa forma de que a xente poida escoitar a información de tráfico sen ter que esperar ao boletín de calquera emisora.

O obxectivo deste novo servizo, segundo Altozano, é tratar de diversificar as formas de dar información de tráfico a través dos diferentes medios, por iso pensaron que os boletíns que fan para radio "estaría ben telos en Internet de forma de quen queira poida oilo no momento e non teña que esperar a que se produza un boletin nunha emisora".

FWWWRANDO