A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC inaugura a Aula ‘Nacho Mirás’
Con motivo do Día da Liberdade de Expresión, a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) vai colocar hoxe unha placa coa que fará oficial a denominación de ‘Aula Nacho Mirás’ á mesma clase na que o finado xornalista impartía a materia practica de Redacción Xornalística.
O acto estará presidido ás 13.00 horas polo vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira, e contará coa participación do Colexio de Xornalistas; o decano da facultade, Xosé Ramón Pousa; Ainhoa Apestegui en representación da familia de Nacho Mirás, e a asistencia de profesores e alumnos do centro.
CPXG