A Fundación Araguaney entrega este xoves o I Premio Revbela de Comunicación

A Fundación Araguaney organiza o V Foro Revbela, co título "Os conflitos internacionais nos medios dixitais: cobertura e tratamento", este xoves 19 de xaneiro, ás 18.30 horas, no Hotel Eurostars Araguaney (Alfredo Brañas, 5) de Santiago de Compostela. O foro será o preámbulo da entrega do Premio Revbela de Comunicación, no mesmo lugar, ás 20.30 horas. 

A xornada vai contar coa participación dos directores de eldiario.es, Ignacio Escolar, da edición dixital de La Voz de Galicia, Tomás García Morán, e de elconfidencial.com, Alberto Artero.

CPXG