A Fundación TIC colaborou cos organizadores da Feira do Libro Novo de Lugo na promoción da lectura

Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo, na gravación dun dos vídeos para a Feira do Libro Novo (Foto: Fundación TIC)

A Fundación TIC colaborou coa Feira do Libro Novo de Lugo a través da gravación das recomendacións dos lectores, nas casetas das librerías. Un equipo de profesionais e bolseiros desprazouse ao recinto feiral, do 16 ao 19 de maio, para recoller as suxestións dos visitantes, libreiros, e mesmo de escritores lucenses.

Máis dunha trintena de persoas deixaron comentarios sobre as súas preferencias literarias ou o seu libro favorito, diante das cámaras. Entre eles, o Presidente da Deputación, Darío Campos; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto.

A TIC difundiu diariamente os vídeos individuais, duns 30 segundos de duración, na súa canle de youtube e nas redes sociais. Ademais desta iniciativa, a Fundación TIC contribuíu á difusión da Feira do Libro Novo con reportaxes sobre o que aconteceu durante a cita literaria da primavera, na capital da muralla.

FUNDACIÓN TIC