A Fundación TIC de Lugo promove o XVII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade

Gravación do XVII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira (Foto: Fundación TIC)

Un equipo da TIC gravou e está a editar un vídeo coas demostracións dos mestres participantes na xuntanza que organiza o Concello da Terra Chá

A Fundación TIC da Deputación de Lugo promove o XVII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira coa gravación das demostracións dos catro mestres que participaron nesa edición. Trátase de Margarett Garrard, Jérôme Blanc, Adrián Pena e Manuel Castro. Á xuntanza, que organizou o Concello de Xermade do 22 ao 24 de setembro, asistiron centos de persoas de toda Galicia.

O vídeo, que está na fase de edición, difundirase en internet a través da canle de youtube da Fundación TIC e nas redes sociais. Nestes medios pódese tamén visualizar as reportaxes e resto de traballos audiovisuais realizados nos últimos anos por bolseiros e profesionais da TIC sobre este Encontro.   

Con esta colaboración, a Fundación TIC contribúe a transmitir o labor dos mestres torneiros e manter vivo un oficio tradicional con raizame na provincia de Lugo.

FUNDACIÓN TIC