O xoves 25, último día para apuntarse ao webinar de Excel aplicado á comunicación con Miguel Rodríguez Fernández
O vindeiro xoves 25 de abril péchase o prazo para apuntarse ao webinar Excel para xornalistas: aprende a interrogar follas de cálculo para atopar historias, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e impartido por Miguel Rodríguez Fernández, que se realizará o sábado 27, en horario das 11.00 ás 13:00 horas, a través da plataforma de formación online.