A Radio Conta celebra o 40 aniversario de Aspace

Quinta edición de A Radio Conta

O sábado 30 de decembro ás 17.00 horas no teatro Rosalía da Coruña terá lugar a quinta edición de A Radio Conta. Este ano adicada a Aspace Coruña, a asociaciación de persoas con parálisis cerebral, que celebra o seu 40 aniversario. A cita terá tamén un recordo para o director de Radio Coruña SER, Ángel Gómez Hervada, falecido recentemente.

A nova edición de A Radio Conta celebrarase este sábado 30 de decembro no Teatro Rosaría na Coruña. Profesionais da Radio Galega, RNE, Radio Coruña-Cadena SER, COPE, Radio Marca, RadioVoz, Onda Cero, e, como novidade, Radio Intereconomía Coruña formarán una redacción única, nun directo, entre ás 17.00 e 20.00 horas, con música e moitas sorpresas.

Esta quinta edición estará tamén dedicada á memoria de Angel Gómez Hervada, director de Radio Coruña, quen faleceu fai un mes. A entrada é libre, cun donativo voluntario, e o programa poderá seguirse en toda Galicia a través das frecuencias de Radio Galega e Radio 5.

Máis información aquí.