A Rede de Colexios de Xornalistas apoia ao Colegio de Periodistas de Castilla y León na súa denuncia tralos insultos recibidos por varios xornalistas

A Rede de Colexios de Xornalistas apoia ao Colegio Profesional de Periodistas de Castilla e León no seu rexeitamento aos insultos e ameazas dos que foron vítimas algúns dos xornalistas que estaban cubrindo as concentracións acaecidas en diferentes cidades de Castilla e León.

Estes insultos e ameazas supoñen un ataque directo á liberdade de prensa, xa que estas accións pretenden condicionar o exercicio profesional dos devanditos xornalistas. Neste sentido, a Rede de Colexios de Xornalistas recorda que a liberdade de prensa é un dos alicerces sobre os que se sustenta calquera sociedade democrática.

Desde o inicio da pandemia de covid-19 quedou de manifesto que o xornalismo é un servizo esencial e xogou un papel clave para informar á sociedade sobre o que estaba a acontecer e incidir nas medidas de prevención necesarias para reducir o risco de contaxio. Por todo iso, a Rede de Colexios de Xornalistas e o Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León condenan los insultos e intentos de represión, solicitan o máximo respecto para os profesionais xornalísticos que, deste xeito, poidan exercer o seu labor profesional con todas as garantías posibles, e piden ás autoridades competentes e ás Forzas e Corpos de Seguridade que protexan os profesionais da información no exercicio do seu labor xornalístico.

Rede de Colexios de Xornalistas