A Rede de Colexios de Xornalistas ofrece dez bolsas de matrícula gratuíta para o III Congreso Internacional de Transparencia

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas ofrece dez bolsas de matrícula gratuíta para o III Congreso Internacional de Transparencia que se celebrará en Cádiz do 26 ao 28 de setembro, organizado pola Asociación Española de Acreditación da Transparencia, ACREDITRA e o Consello de Transparencia e Protección de Datos de Andalucía.

Para poder optar á bolsa é preciso estar colexiada ou colexiado nalgún dos Colexios de Xornalistas do Estado. Ademais da matrícula, as persoas que gocen da bolsa poderán aproveitar o desconto do 40% establecido por Renfe para os asistentes ao Congreso.

Para solicitar a bolsa é necesario escribir a info@colegiosperiodistas.es, indicando no asunto: BECA III CONGRESO DE TRANSPARENCIA e incluíndo apelidos, nome e número de colegiado/a antes do venres 27 de xullo. As bolsas concederanse por orde de chegada. 

CPXG