A Rede de Colexios estrea unha conta conxunta en Twitter

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas avanza na estratexia coordenación dos distintos órganos colexiais do Estado coa abertura dunha conta conxunta na rede social Twitter. A nova conta, @CGPeriodistas servirá para informar puntualmente de todas as accións da Rede.

A nova conta de Twitter estreábase este luns 17 de decembro coa públicación do Manifesto sobre os medios de comunicación públicos, impulsado pola Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, no que se lembra que a independencia e a imparcialidade destes son imprescindíbeis para a democracia. A nova ferramenta estará xestionada polos colexios de Galicia e Asturias

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove Colexios Profesionais de Xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco).

CPXG