A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas apoia a condena das agresións a profesionais dos medios en Cádiz

O Colegio de Periodistas de Andalucía e a Asociación de la Prensa de Cádiz reclaman respecto cara aos traballadores dos medios en xeral, quen garanten co seu labor diario o dereito á información da cidadanía. A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas expresou o seu apoio a esta condena. Desde esta entidade, fan unha chamada á calma e exigen que se garanta o traballo dos xornalistas.

Colectivos de profesionais xornalistas uníronse esta tarde para reclamaren respecto ao traballo que fan o conxunto de profesionais dos medios de comunicación social. Nas últimas semanas, a provincia de Cádiz, berce da liberdade de expresión e do xornalismo español, viviron varios episodios “desagradábeis” que tiveron como protagonistas a traballadores dos medios de comunicación. O último, a tarde de onte, nunha manifestación convocada por Movimiento por Andalucía na que varios encapuchados agrediron a traballadores dos medios de comunicación que tentaban facer o seu traballo. Guindáronlles pedras, cuspíronlles, pintáronlles a roupa, os obxectivos das cámaras, tentaron destruír as súas ferramentas de traballo, insultáronos, ameazáronos, e en xeral, sufriron vexacións absolutamente deplorábeis que, en opinión de ambas entidades, non fan senon deslexitimar a convocatoria.

O Colegio de Periodistas de Andalucía e a Asociación de la Prensa de Cádiz expresan todo o seu apoio ás persoas agredidas e lanzan unha mensaxe de ánimo aos traballadores dos medios.. E aínda que ten claro que estas conductas son só autoría duns pocos, o certo é que o albo segue a estar nunha profesión cuxa labor consiste, precisamente, en soster a democracia.

Xusto hai unhas horas a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas de España (á que pertence o andaluz) rexeitaba a actitude de partidos como Vox, por non permitir a entrada de determinados medios nas súas rodas de prensa. Nun acto do PSOE ocorreu hai uns días en Chiclana (Cádiz) un
enfrentamento cun cámara. É máis, durante a campaña electoral, o CPPA mantivo nas redes unha campaña para pedir respecto aos traballadores dos medios.

Chegados a este punto, o CPPA esixe que se poñan en marcha medidas para garantir a seguranza e o traballo de xornalistas en situacións conflictivas.

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas expresou o seu apoio a esta condena, facendo unha chamada á calma e esixindo que se garanta o traballo dos xornalistas. 

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS