A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas sinala que o Xornalismo é unha profesión de alto risco en casos de pandemia como o de COVID-19
Os profesionais da información no desenvolvemento da súa actividade han de ser considerados como grupo de alto risco ao verse en numerosas ocasións obrigados a manter un contacto directo cos protagonistas da actualidade para informar á cidadanía.
Por iso, desde a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas apelamos á responsabilidade dos propios medios de comunicación e á sensatez dos seus profesionais e trasladamos algunhas recomendacións a fin de que sexan tidas en conta ante circunstancias tan excepcionais como as que se están vivindo a consecuencia da pandemia do COVID-19:
- Cambiar os típicos "canutazos" por roldas de prensa en streaming para así evitar a proximidade entre os e as participantes, garantindo a posibilidade de realizar preguntas a través, por exemplo, de tecnoloxía de mensaxería instantánea.
- Evitar convocatorias en espazos que non sexan suficientemente amplos e impidan que os e as xornalistas poidan sentar cunha separación de polo menos un metro entre si.
- Convocar só aquelas roldas de prensa que sexan estritamente necesarias e coas precaucións antes sinaladas.
- Utilizar o teléfono ou outro medio online en lugar dos contactos persoais coas persoas entrevistadas.
- Utilizar equipos propios e evitar compartilos.
- Quitar as esponjillas dos micrófonos.
- Utilizar as medidas de hixiene sanitarias recomendadas polas autoridades.
- Limpar con regularidade e tras o seu uso micrófonos con solucións hidroalcohólicas, así como gravadoras ou outros soportes onde se poidan facer rexistros de voz, por exemplo os teléfonos móbiles.
- Manter as zonas de traballo común (estudos de radio ou televisión) desinfectadas e evitar a presenza directa de persoas colaboradoras ou convidadas cando sexan prescindibles.
- No caso de presentadores e presentadoras, extremar as precaucións e utilizar produtos dun só uso ou os propios de cada persoa para maquillaxe e barbaría.
- Facilitar por parte das empresas medidas preventivas e de seguridade para quen poidan verse expostos a situacións de risco no desempeño do seu traballo.
Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas
A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove Colexios Profesionais de Xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco).
Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas