A supresión da prostitución nos anuncios en prensa, en negociación

A voceira do PP no Congreso dos Deputados, Soraya Sáenz de Santamaría, anunciou onte que o seu grupo, o PSOE e UPN traballan en alcanzar un acordo, no marco do debate dunha proposición non de lei da formación foralista, para impulsar a supresión os anuncios de prostitución en xornais
A proposición da formación navarra solicita ó Goberno que elimine toda a publicidade dependente da Administración Xeral do Estado nos medios de comunicación xeneralistas que inclúan publicidade de contactos.

Na negociación, o PP presentou unha emenda na que pide á vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, como responsable en materia de publicidade, que presente un informe sobre os avances nesta materia e as medidas que se poden adoptar, nas que se poden incluir a autorregulación ou o establecemento de medidas por parte das administracións.

E.P.