A TIC de Lugo colabora no Guateque Solidario organizado a prol da Asociación Española Contra o Cancro

Detalle do cartel do Guateque Solidario (Foto: Fundación TIC)

O Pazo de Feiras e Congresos da cidade amurallada acollerá mañá, día 28, unha viaxe aos anos 60 a través cunha ampla programación de actividades encabezada polo grupo Los Diablos.

A Fundación TIC da Deputación de Lugo súmase ao guateque solidario organizado pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para celebrar o sesenta aniversario da ONG en Lugo. O Pazo de Feiras e Congresos da cidade amurallada acollerá este sábado este festexo cunha ampla e variada programación ao longo de toda a xornada. A recadación das entradas destinarase á asociación.

Os asistentes poderán levar como recordo unha fotografía sobre unha Vespa no Lugo dos 60, unha actividade que realizará un equipo de profesionais, bolseiros e alumnos da TIC. Ademais, a entidade dependente da Deputación rexistrará as anécdotas e vivencias desa década que desexen contar os lucenses se acudan ao acto solidario. Estas gravacións engadiranse ao banco de recordos promovido pola Tic Memoria Dixital, e poderán verse na páxina web  www.memoriadixitallugo.es.

Esta colaboración forma parte do convenio entre a Fundación TIC e a AECC co obxectivo de dar maior visibilidade as actividades que organiza a asociación na provincia como, neste caso, un guateque destinado a recadar fondos. Ademais, grazas a esta colaboración, os alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo poñen en práctica os seus coñecementos nun escenario real a súa  

Actividades para todos os públicos

O guateque solidario contará tamén con música a cargo de Los Diablos, o exmembro de Los Satélites, Sito Sedes, e o grupo Limón, mais tamén se porán a proba as cordas vocais dos asistentes cun karaoke. Alumnos da Escola Start Dance impartirán clase de twist e rock and roll e o Mago Rafa dará o toque máxico a esta velada tan especial. Ademais,os máis pequenos contarán con zonas de lecer e os amantes do motor poderán desfrutar dunha exposición de Vespas e Mercedes dos anos 60.

FUNDACIÓN TIC