A TIC grava íntegro o III Festival Internacional Mural Folk de Lugo para a súa edición nun DVD
Un equipo da Fundación prepara o material audiovisual do encontro que se celebrou o día 13 de xullo na cidade amurallada.
A Fundación TIC colabora na difusión do III Festival Internacional Mural Folk coa gravación íntegra do evento organizado pola Asociación de Rioplatenses e a Asociación Cultural Mural Rock, que conta co apoio da Deputación e o Concello de Lugo. Un equipo da entidade traballa na posterior edición dun audiovisual que recollerá a cita musical celebrada no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo o 13 de xullo.
O son e os bailes estiveron a cargo de Batuko Tabanka de Cabo Verde, a Asociación de Peruanos y Peruanas de Burela, Telón Abierto de Cuba, Cántigas e Flores de Galicia e a Compañía de Danza Folklórica de Cidade de México.
Cultura e solidariedade
A recadación obtida no Festival destínase ao Banco de Alimentos de Lugo, unha das preto de duascentas asociacións coas que colabora a Fundación TIC para dar a coñecer o labor de desenvolven en prol dos lucenses. Dende a organización do encontro musical apoiaron a interculturalidade coa danza e a música nun evento dirixido a todos so públicos.
FUNDACIÓN TIC