A UNED de Ourense organiza o curso 'Crea a túa Marca Persoal: como usar as redes sociais de forma segura e profesional'

O Centro UNED de Ourense organiza entre os días 2 e 11 de maio o Curso de Extensión Universitaria Crea a túa Marca Persoal: como usar as redes sociais de forma segura e profesional. O curso vaise desenvolver na ala de Informática do centro (Torres do Pino, s/n, Ourense).

A través deste curso de formación prepárase aos asistentes para que desenvolvan destrezas e competencias para manexar as Redes Sociais e, deste xeito, aumentar a súa visibilidade e mellorar o seu posicionamiento en Internet. Ao finalizar o curso, os asistentes deberán realizar unha práctica online na que os alumnos/as asistentes ao curso deberán monitorizar durante unha semana todo o que se di sobre un determinado tema para manexar o uso das ferramentas que se darán na clase presencial.

O custo da matrícula e de 45 euros, cun prezo reducido de 25 euros para persoas en situación de desemprego. O programa de formación vai constar de 20 horas de duración e estará impartido por Alba Adá Lameiras, licenciada en Xornalismo e experta en Comunicación 2.0.

Máis información e formulario de matrícula aquí.