A UNED de Ourense organiza o IV curso 'O novo protocolo para os novos tempos'

O Centro Asociado da UNED en Ourense organiza, coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o IV curso O novo protocolo para os novos tempos, centrado en cerimonial e protocolo institucional, que se vai desenvolver do 12 ao 13 de maio de 2017 no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, Ourense). O curso está especialmente indicado a xornalistas que traballen en gabinetes.

No curso vai repasarase o cerimonial e o protocolo nas institucións públicas e corporativas, analizando para iso ámbitos como o da Administración Local, o empresarial, o castrense e as forzas de seguridade, o relixioso, o deportivo ou o diplomático. Un grupo de expertos aportarán a súa experiencia nos diversos campos o que permitirá configurar un atractivo panel de cualificados profesores cuxos coñecementos contribuirán ao enriquecimiento de cada materia.

O custo da matrícula e de 50 euros, cun prezo reducido de 40 euros para colexiados e colexiadas e 25 euros para persoas en situación de desemprego. O programa de formación vai constar de 20 horas lectivas presenciais e está dirixido por Jesús De Juana López, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e coordenado por Juan José Feijoo Sánchez, delegado territorial de Galicia da Asociación Española de Protocolo.

Máis información e formulario de matrícula aquí.

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.

CPXG