Actualizados os convenios para colexiadas e colexiados

Nas últimas semanas, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia estivo renovou os convenios asinados con Asisa e as Clinicas Dentais Pazos y Couto, polos que se ofertan servizos e descontos ás colexiadas e aos colexiados. Podes consultar na sección Descontos as ofertas dispoñíbeis. 

En concreto, o acordo con Asisa ofrece condicións especiais para colexiados e colexiadas na contratación de seguros de saúde, con acceso a todas as coberturas a un prezo competitivo. No caso das Clinicas Dentais Pazos y Couto, o convenio permite a colexiadas e colexiados acceder a un prezo reducido nos seus centros de Santiago, con revisión, radiografías panorámicas e extraccións simples gratuítas e descontos do 10% en limpezas, empastes, implantes ou scanners 3D.

Podes consultar as condicións destes convenios e todos os servizos e descontos para colexiadas e colexiados na sección Descontos da nosa web. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos dos convenios, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG