Ali Lmrabet gaña o premio José Couso de liberdade de prensa

Os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do Club de Prensa de Ferrol outorgaron ó marroquí Ali Lmrabet o primeiro premio José Couso de liberdade de prensa. O fallo do certame ­promovido por estas dúas institucións e por Caixanova­ deuse a coñecer onte na cidade, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet acodirá nos vindeiros días a Ferrol a recibir o galardón, que consiste nunha escultura de bronce de Manuel Patinha que terá a súa réplica, en maiores dimensións, no Cantón.