Alumnado da USC estuda temas esquecidos polos medios

Estudantes do grao de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela realizan un proxecto sobre temáticas esquecidas polos medios, entre elas a precariedade no xornalismo, a presenza da muller na comunicación e as culturas e medios alternativos.

Un grupo de estudantes de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela están a realizar un proxecto sobre a precariedade laboral no xornalismo, dentro do Observatorio Cidadán de Comunicación. O proxecto vai contar con diferentes voces vencelladas á profesión, que aportarán diferentes visións da nova realidade do xornalismo en Galicia e xa arrincou cunha entrada sobre a problemática dos bolseiros. 

Dentro da categoría Comunicación, Xornalismo e Alternativas do Observatorio Cidadán de Comunicación tamén se están a estudar outros temas relacionados co mundo da comunicación que non teñen moita cobertura nos medios, como Muller e ComunicaciónCulturas e Medios Alternativos.

O Observatorio Cidadán de Comunicación é unha ferramenta para a cidadanía e para a formación en cidadanía, que tivo a súa orixe no proxecto Cidadanía e Educomunicación e ten continuidade desde os grupos de traballo da materia Comunicación Interpersoal e Comunicación Comunitaria do grao de Xornalismo na USC. Pretende exercer a vixiancia cidadá ou control social dos medios de comunicación en Galicia, enfocando sobre a representación, o acceso á comunicación dos grupos de atención social prioritaria ou a vulneración dos dereitos universais da cidadanía.

CPXG