Amparo ós xornalistas de EL CORREO GALLEGO

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), logo das expresións proferidas públicamente por D. José María Caneda, na súa condición de Presidente do Consello de Administración da S.A.D. Compostela, contra xornalistas de EL CORREO GALLEGO, quere dicir o seguinte:
1. Lamenta e rexeita profundamente os termos ofensivos empregados polo Presidente da S.A.D. COMPOSTELA contra os xornalistas de EL CORREO GALLEGO.

2. O termo "terrorista", desgraciadamente moi de actualidade, ten destinatarios ben coñecidos que non son os xornalistas de El CORREO GALLEGO, nin de calquera outro medio de comunicación, que intentan contar o que pasa. Tamén no mundo da S.A.D. Compostela.

3. Quen se considere perxudicado ou ofendido por un xornalista ou un medio de comunicación pode e debe defenderse recurrindo ós tribunais de xusticia. Tamén, por suposto, solicitando o amparo deste Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

4. Os xornalistas non estamos en posesión da verdade e desde este Colexio insistimos na necesidade de exercer o noso traballo con sentido crítico, pero tamén autocrítico. Eso non nos convirte, sen embargo, en blanco das alusións inxustificadas e ofensivas por parte de quen, ademais, goza da cáseque diaria atención dos medios de comunicación sen maís limitación que aquelas que, ás veces, él mesmo adoita impoñer.

5. A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia desexa que esta lamentable situación poida ser superada pola vía do entendemento e o diálogo e nese obxectivo ofrece incondicionalmente a súa colaboración a EL CORREO GALLEGO e á S.A.D. COMPOSTELA.

Santiago de Compostela, 20 de Outubro do 2000.