Comunicado oficial de 'El Correo Gallego' en relación ao artigo 'Víctimas de su sexismo'

El Correo Gallego publicou este xoves un comunicado oficial no que reivindica o seu "respecto absoluto cara os dereitos básicos de todos os cidadáns", anuncia a cancelación da colaboración co autor do artigo "Víctimas de su sexismo" e pide desculpas aos lectores.

Este é o texto íntegro do comunicado:

"Mañá (xoves) na páxina dúas de El Correo Gallego publicarase un artigo da nosa colaboradora María Bastida (profesora da USC) en relación co recente e desafortunado artigo de Manuel Molares que leva por título "Víctimas de su sexismo". Tamén se engadirá unha nota na que reivindicamos a nosa liña editorial de respecto absoluto cara aos dereitos básicos de todos os cidadáns e en especial o das mulleres que sofren violencia machista no noso país. Un tema que por desgraza segue estando á orde do día.

A empresa cancelou de forma inmediata a colaboración co autor do desafortunado artigo, e pide desculpas aos seus lectores.

Non pode confundirse un fallo no control dunha páxina coa complicidade, que negamos rotundamente, co autor do texto."

CPXG