Condena do atentado terrorista contra a Delegación de EL MUNDO en Barcelona

A Xunta de goberno do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA, en relación co atentado sufrido esta mañá pola Delegación de EL MUNDO en Barcelona, decidíu facer pública a seguinte declaración:
1. Condenar enérxicamente o ataque con explosivos perpetrado esta mañá contra a Delegación do diario EL MUNDO en Barcelona e expresar o seu apoio decidido e solidario a tódolos afectados e ó conxunto de xornalistas e traballadores da empresa editora.

2. Expresar a nosa preocupación pola sucesión de actos intimidatorios -de palabra e obra- contra xornalistas e medios de comunicación nun intento de coaccionar, limitar ou impedir o exercicio das libertades de información e expresión consagradas na nosa Constitución.

3. Chamar a atención dos poderes públicos para que se manteñan vixiantes e neutralicen esas ameazas desestabilizadoras.

Santiago de Compostela, 29 de Setembro do 2000
Xosé María García Palmeiro
DECANO do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA