Continúa aberta a campaña 'Colexiate!' para estudantes de comunicación

Segue en marcha a campaña Coléxiate! do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, pola que os alumnos e alumnas das Facultades de Ciencias da Comunicación e a Información que teñan superado máis da metade dos créditos poden colexiarse sen custo e non pagan cota ata remataren a carreira.

O período máximo para estar colexiado como estudante é de dous anos. A colexiación pode realizarse a través da páxina web do Colexio. Para calquera dúbida, pódese contactar co Colexio de Xornalistas na sede de Santiago de Compostela (San Pedro de Mezonzo 36, 1º), no teléfono 981 935 670 ou por correo electrónico escribindo para xornalistas@xornalistas.gal, así como a través do Facebook e do Twitter.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é unha entidade de dereito público, creada pola lei 2/1999 do 24 de febreiro polo Parlamento de Galicia, que ten a representación legal de todos os xornalistas galegos. Actualmente conta con máis de 1.100 colexiados/as repartidos polas súas sete demarcacións (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo).

CPXG