Cuestionario sobre tecnoloxías no xornalismo

Desde a Universidade de Santiago de Compostela estáse a desenvolver un estudo centrado na influencia da automatización, as audiencias e as tecnoloxías no xornalismo. Para iso solicitan aos xornalistas cubrir unha enquisa realizada no marco desta investigación.

O Grupo de Investigación Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela está a realizar un estudo, dentro do proxecto I+D Cibermedios nativos digitales en España: formatos narrativos y estrategia móvil, financiado por el Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, sobre o rol do xornalismo e a influencia da automatización, as audiencias e as tecnoloxías na profesión.

Para coñecer a percepción dos e das xornalistas sobre estas cuestións, solicitan ao conxunto da profesión que cubra un breve cuestionario, dunha duración estimada de 10-15 minutos, realizado no marco desta investigación. 

Todas as persoas interesadas poden cubrir a enquisa a través de este enlace: http://novosmedios.gal/encuesta2020/

CPXG