Desconto para membros do CPXG no curso de 'O novo protocolo para os novos tempos' organizado pola UNED de Ourense

O Centro UNED de Ourense organiza os días 20 e 21 abril o Curso de Extensión Universitaria O novo protocolo para os novos tempos 2018: As redes sociais e as ferramentas tecnolóxicas informáticas ao servizo do Protocolo e os eventos, que ten prezo reducido para as colexiadas e os colexiados do CPXG.

O curso vaise realizar en horario de 9 a 14 e de 16 a 21 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense (Rua Progreso 32). O curso ten como obxectivos lograr unha comunicación fluída e eficaz con grupos específicos de interés, facilitar a proxección e o posicionamiento de empresas, bens e servizos e descubrir como son utilizadas as redes sociais en campañas políticas. 

O custo da matrícula é de 45 euros, cun prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG e de 25 euros para persoas en situación de desemprego. O curso vai constar de 20 horas de formación presenciais. Estará dirixido por Jesús De Juana López, Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, e coordinado por Juan José Feijoo Sánchez, Delegado Territorial de Galicia da AEP.

Máis información e formulario matrícula aquí.

CPXG