Descontos para colexiados e colexiadas en Kiosco y Más

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas vén de estabelecer un acordo de colaboración con Kiosco y Más, en virtude do cal as colexiadas e os colexiados do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poden beneficiarse dun prezo especial nas subscrición a xornais en formato pdf.

Kiosko y Más é a maior plataforma de prensa en soporte dixital de Europa e líder no mercado en español, cun millar de cabeceiras, incluíndo os principais xornais do Estado, e máis de cen editores involucrados no proxecto. A raíz deste acordo, os colexiados e colexiadas do CPXG poden beneficiarse de descontos do 30 ou do 50 por cento nas subscricións, dependendo da publicación. Para acceder á oferta, é preciso facelo a través da ligazón incluída na parte privada da sección Descontos.

Podes acceder a este e outros convenios na sección Descontos da nosa web. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos dos convenios, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG